Autores, artistas e editores acuden á Semana da Lingua a a Cultura Galega.

En virtude do convenio de colaboración que mantén a Secretaría Xeral de Política Lingüística co Instituto Cervantes, o pasado mes de novembro inaugurouse na súa sede de Damasco a Biblioteca Álvaro Cunqueiro. Foi entón cando se acordou celebrar unha semana da cultura e a lingua galegas en Siria, que permitirá afondar no coñecemento mutuo de Galicia e do mundo árabe.Edición e traduciónO programa inclúe a presentación do Premio de Narrativa Torrente Ballester, na que participarán Luísa Castro, Xesús Constenla e Mercedes Monmany. Celebraráse tamén unha mesa redondas obre edición e tradución, na que intervirán o editor de Xerais, Manuel Bragado, o de Rinoceronte, Moisés Barcia, e o escritor Andrés Barba.Dentro do calendario de actividades previsto, está programado tamén un concerto…

Por en Para libreros

En virtude do convenio de colaboración que mantén a Secretaría Xeral de Política Lingüística co Instituto Cervantes, o pasado mes de novembro inaugurouse na súa sede de Damasco a Biblioteca Álvaro Cunqueiro. Foi entón cando se acordou celebrar unha semana da cultura e a lingua galegas en Siria, que permitirá afondar no coñecemento mutuo de Galicia e do mundo árabe.

Edición e tradución

O programa inclúe a presentación do Premio de Narrativa Torrente Ballester, na que participarán Luísa Castro, Xesús Constenla e Mercedes Monmany. Celebraráse tamén unha mesa redondas obre edición e tradución, na que intervirán o editor de Xerais, Manuel Bragado, o de Rinoceronte, Moisés Barcia, e o escritor Andrés Barba.

Dentro do calendario de actividades previsto, está programado tamén un concerto do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, no Palacio da Ópera de Damasco, e a charla sobre literatura e deporte do ciclista galego Álvaro Pino. Por outra parte, entre o 23 de maio e o 23 de xuño, a capital siria acollerá a exposición de Xosé Freixanes titulada «Voces de Basalto Negro», unha instalación que pretende facer reflexionar.

Fuente ABC